O matrimonio Beckham vén de presentar no Reino Unido un novo perfume de Superdrug que baixo o nome de Intimacy Beckham trae fragancias masculinas e femininas aproveitando a sona do matrimonio entre o futbolista máis fotografiado do mundo e a Spice Girl pija.
O máis abraiante do asunto está en que para anunciar a nova fragancia na prensa empregan unha fotografía con David Beckham abrazando á súa dona. ¿Ou non? Porque todos podemos ver o delgadiña que está normalmente Victoria Beckham, polo que sorprende que a rapaza da imaxe presente unhas cachas e unhas pernas que parecen recortadas dunha fotografía de Jennifer López:
Coido que estamos ante un exitoso traballo máis do ciruxán plástico Dr. Adobe Photoshop, como foi na portada de película Pretty Woman (xa que as longas pernas da protagonista non tiñan nada que ver con Julia Roberts, senón que correspondían á dobre de corpo Donna Scoggins)
Por certo, e volvendo ó perfume que promocionan os Beckham, Superdrug tamén distribúe no Reino Unido os que se poden considerar os gadgets do ano:
Si, a gama Play Vibrations de Durex é considerada por moitos medios como a colección de dispositivos electrónicos de moda, xa que conseguiron colocar en farmacias e centros comerciais (como El Corte Inglés) os seus produtos, facéndoos moito máis accesibles que nas sex shops. Así, durante 2006 non houbo ningún móbil nin consola de videoxogos que dese tanto que falar coma o anel vibrador de Durex (especialmente criticado pola súa pouca autonomía, xa que despois dos 20 minutos de uso hai que tirar con el) pero que abriu un novo mercado e fixo que moita xente allea ós xoguetes sexuais desen un primeiro paso para achegarse a eles, polo que aproveitaron o tirón para lanzar toda unha gama de vibradores convenientemente camuflados nunhas caixas neutras que apenas dá a entender o que levan dentro (para que non se escandalice ninguén nas tendas).
Incluso fixeron orixinais campañas promocionais para televisión:
De seguir así supoño que o próximo dispositivo de moda será un aparello que permita facer chamadas telefónicas, escoitar MP3, empregase coma vibrador e que incluso sirva como mando a distancia do televisor. Coido que aínda non se fixo nada así, ¿non?
Debe estar conectado para enviar un comentario.