Dentro de Espinete hay una persona

Carlos Seguro acaba de entrevistar na radio a Chelo Vivares, a moza que facía de Espinete en Barrio Sésamo. Por suposto, preguntoulle tópicos como se era certo que casara...

Espinete, Don Pimpón y Chema en Barrio SésamoCarlos Seguro acaba de entrevistar na radio a Chelo Vivares, a moza que facía de Espinete en Barrio Sésamo. Por suposto, preguntoulle tópicos como se era certo que casara con Juan Sánchez (Chema, o panadeiro), e ela respondeu que casaran antes da rodaxe de Barrio Sésamo. Para os que queiran saber máis dos actores do emblemático programa poden ler máis en ¿qué fue de?.
Ademais, falaron das labores de dobraxe de Vivares, das que podemos destacar a Amy Wong (Futurama), Stan Marsh (South Park), Pedro (Heidi), Chloe Sullivan (Smallville), Pica, Todd Flanders ou Ralph Wiggum (os 3 últimos dos Simpson, aínda que coido que ocasionalmente tamén fixo de Martin e de Nelson).
Como vedes, ten unha carreira completiña, aínda que, ¿por qué falar dela agora? Pois porque uns fulanos chamados David Antúnez & Absurdo y Siniestro están rulando pola Internet a canción Dentro de Espinete que seguro que lle mola a tódolos nostálxicos de España:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS