6 Abril, 2015
En Barrio Sésamo quixeron parodiar a serie Game of Thrones agora que se achega a súa nova tempada, e para facelo non se lles ocorreu outra cousa que montar un divertido xogo das cadeiras musicais, con Coco facendo de xograr:
As cadeiras están simpáticas, pero os personaxes si que están currados. Aínda que hoxe podemos pensar que en Barrio Sésamo están a tirar proveito dunha franquía de éxito para un sketch, coido que a xente de Game of Thrones está moi ilusionada por saír en Barrio Sésamo. É toda unha honra ser parodiado nun espazo televisivo tan emblemático, que realmente é máis emblemático que a obra de George R. R. Martin (segudo que o propio autor foi seareiro nalgún momento de Coco e os seus amigos).