Piedade 2006: Rali de carretillas en Vila de Cruces

Para os que coidaban que as carreiras de carrilanas eran o máximo, chega a Vila de Cruces durante as Festas da Piedade un rali de carretillas que se celebrará...

Cartel do Rali de Carretillas 2006
Para os que coidaban que as carreiras de carrilanas eran o máximo, chega a Vila de Cruces durante as Festas da Piedade un rali de carretillas que se celebrará o 5 de agosto ás 20:00 horas. As normas de participación son sinxelas:

Regulamentación:

·¿Quen pode participar?
Pois boa pregunta con sinxela resposta, ¡QUEN QUEIRA!
Como antes se indicaba cada equipo debe estar composto por 2 persoas e máis unha carretilla.

· Os navegantes:
Os dous participantes deberán estar provistos OBRIGATORIAMENTE de casco e guantes.
Casco: Integral ou de vacenilla sempre atados por baixo.
Guantes: De un material axeitado para impedir cortes.

· A Máquina:
Será unha das típicas carretillas manuais de toda a vida, as de unha roda que poderán ser modificadas sempre que conserven a súa estructura orixinal. As modificacións permitidas serán: Substituír ou variar o cazolo superior Substituír,variar ou eliminar as patas sempre e cando non inclúan elementos rodantes ou deslizantes. Substituír a roda e llanta, ambas xuntas ou por separado.

· As Escuderías:
Consisten na agrupación de varios equipos con algo en común. Poden estar creadas con varias finalidades como por exemplo compartir gastos ou simplemente porque si.
É interesante que as diferentes carretillas dunha mesma Escudería levaran algo identificativo en común como por exemplo unha pegatina ou mesmo unha decoración similar.
As escuderías poderán obtar a diferentes premios como poden ser por exemplo á escudería máis numerosa, á escudería con máis premios, á escudería máis orixinal…
NOTA: Estes premios son puramente orientativos xa que os definitivos están por concretar.

(Con estes datos xa tes suficiente para ir montando o teu equipo. Proximamente serán indicadas aquí as características da proba).

· Recomendacións :
– Como xa sabedes trátase dunha proba por parellas na que ambos vos deberedes transportar mutuamente polo tanto sería recomendable que elixas a unha parella do teu peso.
– Tede en conta que haberá premios ás carretillas máis orixinais, non esquezades polo tanto preparala vosa e vestirvos dacordo coa mesma.
– De tódolos xeitos non vos envenenedes e recordade que tedes que mover a vosa máquina e polo tanto o mellor é que pese o menos posible para ser máis cómoda de levar.
– Sería convinte que ademáis dos elementos de seguridade obrigatorios (casco e guantes) empregasedes codeiras e rodilleiras.
– Non esquezades que aínda que se trate dunha competición o importante é pasalo ben.
– Lembrade que podedes agrupar varios equipos baixo o nome dunha mesma escudería para obtar a máis premios, sempre mola facer piña cos colegas…(aínda que so sexa para comprar as cervexas a medias!).

Para que a xente se poida facer unha idea de cómo vai o conto xa subiron unha presentación do evento en YouTube:

A cousa promete ser moi interesante á vista da presentación que fixeron no Motor Show de Compostela o pasado día 25 de xuño:

¿A qué agardas? ¡Tunea a túa carretilla!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS