Zapping en directo

Si, xa falta menos. Mañá será o enorme directo de Zapping dende a Fundación Luis Seoane (a barrote no Parrote) que se poderá seguir dende CUAC FM, emisora que...

Zapping en directo dende a Fundación Luis Seoane
Si, xa falta menos. Mañá será o enorme directo de Zapping dende a Fundación Luis Seoane (a barrote no Parrote) que se poderá seguir dende CUAC FM, emisora que se sintoniza no 103.4 da FM na zona de Coruña. Os que estean lonxe poderán seguir o evento pola Internet a través do programa WinAmp. Os pasos para escoitar CUAC FM son doados:

PASO 1: Abrir o WinAmp e picar na opción de Play URL
Sintonizar Cuac FM - paso 1

PASO 2: Introducir o URL dende o que emite CUAC FM pola Internet
Sintonizar Cuac FM - paso 2

PASO 3: Pegar ben as orellas ós altofalantes do ordenador para escoitar con atención toda a programación da emisora universitaria coruñesa
Sintonizar Cuac FM - paso 3

Quen non poida asistir ó directo, non terá desculpa para non seguilo pola Internet (tamén procuraremos colgalo no podcast para que se poida seguir en diferido).

Para quecer os motores deixo aquí un tema que mesturou Sercho^ con anacos de programas de Zapping que mola mazo e que é moi posible que Txury e Antón poñan mañá no directo:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Marcus, p.i. na Radio Galega

    Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...
  • Los Nativos Digitales No Existen en Compostela

    O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García...