Txuri e Antón volven ás ondas

Hoxe é un día moi especial, pois os artífices de Zapping e Turkía retornan ás orixes, e esta noite estrean en CUAC FM o seu novo proxecto: Tenka. Os...


Hoxe é un día moi especial, pois os artífices de Zapping e Turkía retornan ás orixes, e esta noite estrean en CUAC FM o seu novo proxecto: Tenka.
Os que non estean na zona de cobertura de CUAC FM, a emisora pode escoitarse en directo a través da Interent e incluso a través dunha aplicación oficial para iPhone e outra para terminais con Android. Unha boa alternativa para os que non teñan interese polo debate da TVG.
Xa sabedes: hoxe, a partir das 22:00 horas no 103.4 da FM volven Txuri Ferrer e Antón Lezcano para contribuír a facer máis levadeiro o comezo de semana. Para algúns vai ser a primeira vez que desexe que chegue o luns. 😀

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS