A barrote en el Parrote

Este viernes Nicetrip arrasó en la Fundación Luis Seoane en un acontecimiento alucinante y divertidísimo en el que se pudo ver la nueva de colección de camisetas de la...

Este viernes Nicetrip arrasó en la Fundación Luis Seoane en un acontecimiento alucinante y divertidísimo en el que se pudo ver la nueva de colección de camisetas de la empresa coruñesa más conocida por los seguidores de Zapping, especialmente por la presencia de Txuri, el anterior colaborador de Zapping Rosa, Fernanda y Susana (la mamá del gato Jeremías) entre los modelos de la Pasarela Parrote (entre los asistentes también estaba Elenita Pechitos Redondos y la Profesora Eschús).
Para los que no hayais podido ir, aquí va un breve resumen de una noche fantástica:
Aprovecho la ocasión para comentar que me encontré con varios ointes de Zapping por lo que se me ocurrió que podía plantear un juego de relaciones entre los mismos. Pongo así sus imágenes y sus nombres, ¡pero que a nadie se le ocurra decir quién es quién! ¡Que siga la incógnita!
Juego de relaciones entre las caras y los nombres de varios ointes de Zapping
ACTUALIZACIÓN: Entrevista a Antón Lezcano en La Voz:

«Emocióname ver o deseño da vaca nas pegatinas dos coches»
O artista é pura electricidade. Hoxe presenta (20.45 horas) na Fundación Luís Seoane os novos deseños de camisetas de Nicetrip para o verán na pasarela Parrote

A cabeza de Lezcano (Ferrol) está conectada a un xerador de ánimo. É un bule bule. Artista de mil caras, o mesmo borda un gráfico ou unha campaña de publicidade nun xornal co seu ordenador que se transforma nun xenio do micrófono en Zapping, de RadioVoz.

Gran afeccionado ao fútbol, non estará para ninguén durante o Mundial. Pero antes, hoxe, ás 20,45, na Fundación Luís Seoane, mostrará os seus deseños de Nicetrip en camisetas na Pasarela Parrote. É profesor do Centro Español de Novas Profesións e non falla: atoparano tamén na barra do Bar de Juan.

-Son deseños novos. Seguimos coa temática galega, pero intentamos abarcar máis. Hai traballos para nenos dun ano e para señoras de setenta.
-¿Hai novidades concretas?
-Hai algún modelo dedicado a xente doutros pobos, tanto doutros lugares de Galicia como doutros países. Non é só A Coruña, como antes.
-¿Que influencias recoñece?
-Keith Haring, Bansky e Street Art, por exemplo.
-Aínda se oe aquela tontería de deseñas ou traballas.
-É unha tontería. O deseño é un traballo moi serio.
-Pódese vivir de pintar camisetas.
-Vives diso se á xente gústalle o que fas, como en todo. Se non chegas á xente, adeus. Nós levamos catro anos na tenda e estamos contentos. (Nicetrip vende os seus deseños na rúa Curros Enríquez, 29 baixo, na Coruña).
-Resumiu a Galicia cunha vaca e unha bandeira, o seu modelo de máis éxito.
-Era un deseño contra o touro de Osborne. Estou moi contento. Foi o trampolín, a orixe de Nicetrip. Foi cando decidimos montar a tenda e seguir cara adiante. Emocióname ver o deseño da vaca e a bandeira no fútbol ou nas pegatinas nos coches pola rúa. Cantas máis vacas se véxan, menos touros de Osborne haberá. ?
-Propóñolle un reto, cambiar o logo da Xunta.
-Tería que pensalo moito. ?Trataría de facer algo diferente. O que hai gústame, pero eu fuxiría do rollo do santo Grial. -Haberá sorpresas no desfile de hoxe.
-Haberá modelos. Pero, como dicía antes, deseñamos para a xente da rúa. Desfilarán modelos, pero tamén nenos moi pequenos e señoras de setenta.
-¿Que cor é o deste verán?
-(Non o dubida). O verde pistacho.

Antón Lezcano fuxe coma chegou: a velocidade da luz das súas ideas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS