• Municipais07: chega o cambio a Melide

    Para comezar teño que pedir perdón por non facer un seguimento en tempo real do acontecido en Melide durante o 27-M, pero tras ir votar tiven que levar ó meu irmán ó CHUS (finalmente parece que non está moi mal, pero sen analíticas non había xeito de descartar certas...
  • Municipais07: tempo de votar

    O vindeiro domingo chegan as Eleccións Municipais, e dende aquí quero lembrarlle á xente que vaia votar: Eu estarei atento ós resultados de Melide, pero loxicamente non comentarei nada ata o domingo pola noite, xa que o sábado é xornada de reflexión e hai que respectalo, aínda que é...
  • Municipais07: As eleccións en Melide (e o meu prognóstico)

    Na proximidade das eleccións municipais, déuseme por mirar cales foran os resultados dos anteriores comicios na vila na que eu voto, Melide, e atopei que en 1999 o resultado era de 9 concelleiros para o Partido Popular, 2 para o Bloque Nacionalista Galego e 2 para Democracia Galega: Pola...
  • Pulpo Paradise

    Moita xente que fai o Camiño de Santiago quédase co detalle da Pulpería de Ezequiel en Melide, como ben recollen moitas guías do Camiño, pero eu flipo habitualmente coa cantidade de páxinas web que fan referenza día a día ó Cerne de Galicia. Así, resulta habitual ver fotografías tomadas...
  • Veciños

    Nas pasadas datas varios blogs comentaron o servizo TouchGraph, que debuxa mediante unha aplicación Java un gráfico coas webs relativas á que se lle indique segundo o motor de Google, amosándo os seguintes veciños deste blogue: Como se pode comprobar, o gráfico pode servir de xeito doado para saber...
  • Melide vs Arzúa: primeiro sangue para Melide

    No traballo teño a desgraza de contar cun compañeiro pataconeiro (non todo o mundo pode ser de boa terra), e cando lle estaba botando en cara que a súa vila era unha merda, púxose a dicir que Melide non era máis grande que Arzúa, ó que tiven que responder...
  • Xurxo e os Tonechos

    O pasado domingo realizouse o sorteo de Nadal do Centro Comercial Aberto de Melide, e meu irmán foi o mestre de cerimonias contando o evento coa presenza dos Tonechos e coa actuación de Manuel de Andrade e Patricia Méndez Asorey. Iso si, teño que dicir que Xurxo estaba moi...
  • ¿Bollywood melidense?

    O director Prem e o produtor Ashwini Ramprasad están a traballar xuntos nunha nova película made in Bollywood cun título que viría a significar algo así como “¿Por qué hai amor na Terra?” pero que na India coñecen coma “Preethi Yeke Bhoomi Melide?“. A película contará coa presenza da...
  • ¡A Peneira xa ten blogue!

    Carlos Gulías acaba de informarme de que o programa de televisión A Peneira, que se emite en Dez TV (Lalín) e que cubre informacións ata de Melide vén de estrear un blogue no que irán publicando vídeos do programa coma o seguinte: Os que non estamos dentro da zona...