• Revistea a miña foto

    Tras uns días de parón no blog (estiven pachucho a pasada semana) volvo con forzas renovadas comentando a miña pasada esta mañá por RadioVoz, coma sempre, no programa de Voces de Galicia con Isidoro Valerio, onde falamos de varias novas coma o lanzamento do Amazon Kindle, a espada de...
  • O comercio electrónico a debate en RadioVoz

    Hoxe participei nunha tertula sobre o comercio electrónico no programa Voces de Galicia de RadioVoz, no que tamén participou Javier Wicho Pedreira, co que coincidín en moitos pareceres. O que máis me chamou a atención foi que moita xente segue a dicir que o comercio electrónico «é o futuro»...
  • Un mes sen Trebellos

    Trebellos pretende dende o pasado mes de abril formar unha comunidade de blogs comerciais en galego (Blogueiros), o que resulta sumamente complicado por ser difícil consolidar unha masa crítica de usuarios que faga rendible o negocio, pero como iniciativa resulta moi interesante e sería bonito que Andrés Milleiro puidese...
  • Oliver e Benji… ¡existen!

    O outro día comentáronme que na Internet había un vídeo en plan Oliver e Benji que era caralludo, e eu pensei que se trataba dun fragmento da magnífica película de Stephen Chow Shaolin Soccer (que misteriosamente segue sen saír en España pese a que aquí chegou unha película posterior...
  • Dilbert, Flash e Java

    A tira de Dilbert de hoxe vén de sorprenderme porque demostraría que o xefe do noso enxeñeiro favorito tamén é un friki: Supoño que será porque Flash é máis coñecido en EE.UU. que en España, porque eu non imaxino a ningún executivo de por aquí entendendo que Flash, en...
  • A cinta VHS

    Os de Muchachada Nui parece que queren seguir a facer amigos na Internet, e continúan a sacar clips contaxiosos, como o que rememora ás nosas antes queridas cintas de VHS: Para min o mellor do corte é que a cassette recibiu unha paliza duns iPod Nanos… ¡fillos de puta!...
  • Marvel dixitalízase

    Amosar comics en Flash na web para achegar público á compra de tomo recompilatorios foi unha estratexia que seguiu a Marvel no pasado, pero agora decidiron pasar a comercializar a visualización dos seus títulos estreando o servizo Marvel Digital Comics Unlimited que por 9,99 dólares/mes ou 59,88 dólares/ano permite...
  • O Pressing Catch volve ás consolas

    Estes días están a anunciar na televisión os novos videoxogos da WWE para videoconsolas cun soso «Ya a la venta. ¿Cómo lo vas a jugar?» mentres que nos EE.UU. anuncian a versión para Nintendo Wii con moita máis alegría: Coido que o xogo vai ser todo un éxito en...
  • Wonderbra in the air tonight

    Phil Collins estaría moi mono no anuncio de Cadbury pero coido que moitos concordaremos en que a versión do anuncio que prepararon os de Wonderbra substituíndo ó mono pola hip-hopeira Jentina Chapman, que nos amosa Two Cups Full of Joy está moooi ben: Este anuncio seguro que foi máis...