-
Mr. Tim logrou captar a atención da xente en máis de 700.000 ocasións grazas á súa orixinal versión do Enter Sandman de Metallica: Dificilmente a canción podería ter menos metal, aínda que non sei se podemos falar dunha interpretación a capella ao contar cun kazoo coma instrumento. Iso si,...
-
Hai pouco máis dun ano coincidín virtualmente na Radio Galega con Kiko Novoa, autor do blogue Facendome o sueco, e hoxe pasou polo Bos Días para falar da súa experiencia radiofónica e, de paso, preguntáronlle pola cousiña esa dos blogs: Dá gusto escoitar comentarios positivos sobre as TIC cando...
-
Antón comentoume que a súa irmá Mavi tiña estes días unha exposición no Edificio Multiusos de Melide, aínda que quedei algo sorprendido polo feito de que non se anunciase de ningún xeito, agás unha pequena referencia na páxina web do Concello. A exposición titúlase Rapazadas e inclúe imaxes como...
-
O mundo do porno continúa a perderlle o respecto a grandes series de televisión, e agora arríscanse con Dexxter (que para que non o pille ten coma eslogan Yeah! It’s a porno) e que é unha obra (bastante mala, ao parecer) ambientada en Miami como a serie de Showtime...
-
Non hai dúbida de que certos grupos musicais deixaron hai tempo de ser auténticas bandas a converterse en marcas comerciais, que venden a súa imaxe sen pudor e incluso os seus integrantes poden ser de quita e pon. Un claro exemplo son os KISS, formación que promete sobrevivir aos...
-
Este serán no Bos Días da Televisión de Galicia falamos un pouco do que son os lectores de libros electrónicos (e-readers, que non e-books) co gallo do lanzamento internacional do Amazon Kindle, dispositivo que non recomendo en absoluto, e do que hai alternativas máis prácticas inicialmente. Nos últimos días...
-
Hoxe vin de casualidade a seguinte imaxe: Non vou dicir que fun quen de identificalos a todos (algúns preferiría non telos recoñecido), pero coido que confirmei que o meu nivel de frikismo é demasiado elevado cando pasou pola miña cabeza a idea de que falta o logotipo de Batman...
-
En Código Cero estamos a xogar un pouquiño cos podcasts, e comezamos ofrecendo a subscrición ao programa de tecnoloxía da Radio Galega que comezou o pasado sábado, Banda Ancha, e coas miñas intervencións no Expreso de Medianoite da Radio Galega e no Bos Días da Televisión de Galicia. Estes...
-
Esta mañá falamos dos menores e as plataformas electrónicas para redes sociais no Bos Días da TVG, procurando quitar ferro ao asunto despois de que estes días alarmasen á poboación co tema da pornografía infantil a través da Internet: Coma fomos mal de tempo quedaron bastantes cousas no tinteiro,...