8 Maio, 2017					
						
				
				
								
				Hai tempo que non comparto ningún vídeo de Oregón TV, pero como esta fin de semana no seu programa renderon homenaxe a Queen cun vídeo facendo burla da tan frecuente dificultade que teñen as anteriores xeracións co uso da tecnoloxía.
Non é a primeira vez que traen a Queen ao programa, e xa parodiaran os temas The Show Must Go On e Friends Will Be Friends.
Atómica
E xa postos a citar a Queen, aproveito para compartir un dos tráilers de Atómica (Atomic Blonde), filme de Charlize Theron, no que empregaron o tema Killer Queen para darlle un toque bastante divertido á súa abundante violencia (o tráiler co Personal Jesus non ten o mesmo encanto).
 
					 
				 
				 
				
 
				 
				 
				