Para difundir ideas para o futuro da lingua a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua organizou o pasado 25 de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela a primeira edición do LGx15, unha xornada con charlas cunha duración máxima de 15 minutos que buscan axudar a reflexionar e a actuar con respecto a actitudes e comportamentos lingüísticos.
Como exemplo do que alí se veu, temos a magnífica charla de Luís Iglesia:
A CTNL quedou satisfeita co resultado, e este ano celebrará unha segunda edición o 24 de novembro, repetindo lugar, pero contando cuns relatores máis que discutibles, ou cando menos iso entendo cando vexo o que veñen de anunciar hoxe mesmo: 😜
Tocarame falar un anaco do galego nas TIC. E logo dicía Wicho que os nativos dixitais son un animal mitolóxico!
Debe estar conectado para enviar un comentario.