A cidade de Basilea é un punto de grande atractivo turístico, que chama aos seus visitantes a pasear pola beira do Rin, entrar nas súas ducias de museos, asistir a impresionantes actuacións teatrais, probar a súa gastronomía, escoitar as súas orquestras e ¡¿xogar a Pokémon GO?!
Mellor ir tachando esta última actividade da axenda turística, xa que na cidade suíza os Pokémon están a vingarse:
Sen dúbida unha xenialidade do departamento de Turismo da cidade, que convida a cazar Pokémon pola poboación, aproveitando que hai multitude de PokéParadas (dado o elevado numero de monumentos e enclaves turísticos); a presenza dun río (para así poder pillar algún Pokémon de auga), xardíns e moitas outras localizacións que garanten diversidade de criaturas a capturar; e incluso teñen programado un festival de Pokémon GO para o 17 de setembro.
Sorpréndeme que a estas alturas non argallasen nada semellante co Camiño de Santiago. 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.