Los Remasters e Edu Fernández nun Luar superfriki

Cando os do Land Rober Tunai Show pasan cousas raras, como que as frikadas propias do programa de Roberto Vilar rematan emitíndose no Luar, e como exemplo temos o...

Cando os do Land Rober Tunai Show pasan cousas raras, como que as frikadas propias do programa de Roberto Vilar rematan emitíndose no Luar, e como exemplo temos o programa número 1042 de Xosé Ramón Gayoso, que abriu dun xeito moi especial contando cunha interpretación de luxo de Los Remasters, a formación musical liderada por Juanillo Esteban:

Esa voz… esa voz… o-o-oink! 😄

E para rematar a faena, non se lles ocorreu outra cousa que convidar a Edu Fernández, o tolambrán de Chica de La Coru, a facer que canta en playboy no programa da Galega:

Unha das emisións máis frikis do Luar, que incluso contou coa celebración do concurso Miss Vaca, e non precisamente de vacacións. Sospeito que aos galegos váisenos a cabeciña cando chega o verán, por non estar afeitos a estas temperaturas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS