Complétase o tráiler da segunda tempada de Daredevil

Xa sabiamos que o 18 de marzo Netflix ía estrear a segunda tempada de Daredevil, e finalmente xa temos completo o tráiler do que promete ser unha secuela que...

Xa sabiamos que o 18 de marzo Netflix ía estrear a segunda tempada de Daredevil, e finalmente xa temos completo o tráiler do que promete ser unha secuela que mantén intacto o carácter da anterior entrega, ofrecéndonos unha Cociña do Inferno na que se vai desatar o caos por mor da vinganza de Punisher e a chegada da Man.

Como curiosidade, o vídeo que presente a nova tempada estreouse en dous anacos. No primeiro presentan a Frank Castle, o Castigador ou Punisher:

E logo ampliaron coa aparición de Elektra Natchios, quen parece que será o personaxe central da trama da Man:

Queda agora por ver se, ante a ausencia de Bullseye, o destino de Elektra queda en mans de Punisher, ou deixan a súa traxedia para máis adiante, pois posiblemente queiran explorar un pouco máis a parte marcial deste novo universo de ficción, xa que tras a serie de Luke Cage (Power Man) espérase que fagan outra con Danny Brand (Iron Fist).

Se non sodes subscritores de Netflix, non perdades a oportunidade de facer uso do mes de proba do servizo, para poder ver Daredevil de vez. A serie entra moi ben en enchentes de fin de semana.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS