Moito tráiler friki na Super Bowl

A pasada noite celebrouse a final de Super Bowl, co conseguinte atracón publicitario nos EE.UU., aproveitándose ese momento para promocionar as pelis frikis dos vindeiros meses. Temos así novo...

A pasada noite celebrouse a final de Super Bowl, co conseguinte atracón publicitario nos EE.UU., aproveitándose ese momento para promocionar as pelis frikis dos vindeiros meses.

Temos así novo anuncio televisivo de Masacre (nos cines españois o vindeiro día 19):

O filme do 29 de abril, Capitán América: Guerra Civil tamén estreou anuncio (que xa podemos ver en español):

E a película que pretende arrasar a partires do 3 de xuño, Teenage Mutant Ninja Turtles: Out of the Shadows amósase na mesma liña que a súa predecesora, aínda que un chisco máis friki para os que coñecesen ás Tartarugas da súa serie animada orixinal:

Tamén estreou anuncio a nova de Bourne, do Libro da Selva e de Independence Day. Será por frikadas!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...