Niko, o creador de Cálico Electrónico, anunciou hoxe a súa última movida, Los YouTurris, un esmendrelle político que por desgraza chega algo tarde, xa que estamos nos últimos días da campaña electoral, cun chisco de antelación terían dado máis xogo.
Trátase dunha serie de animacións nas que fan un resumo dos catro principais partidos que optan pola presidencia do Goberno de España, comezando cunha divertidísima presentación de Podemos:
Coa carallada do “azote das tertulias políticas televisivas” xa me gañaron, pero se lle sumamos o Thug Life e o menú de selección de personaxes como se fose o videoxogo de recreativas das Tartarugas Mutantes… só podo dicir que Niko volveu superarse.
Co Partido Popular e con Rajoy foi máis sarcástico:
Iso si, o de que Rajoy non quere que lle fagan máis memes parece baseado en feitos reais. 😉
A ver se a cousa non se torce e antes do venres temos tamén os vídeos do PSOE e Ciudadanos.
ACTUALIZACIÓN (18-12-2015): Como as eleccións xa están aquí, o PSOE e Ciudadanos chegan nun único vídeo:
Debe estar conectado para enviar un comentario.