Amor Na Rede friki (e III)

Para completar a historia de David e Carlota en Amor Na Rede, hoxe convidaron á parella, xunto á condutora do programa, Itziar Villar, ao programa A Tarde da Radio...

Para completar a historia de David e Carlota en Amor Na Rede, hoxe convidaron á parella, xunto á condutora do programa, Itziar Villar, ao programa A Tarde da Radio Galega, nunha entrevista que foi bastante divertida, pero que comezou de xeito traidor co puto hawaiano Glenn Medeiros e o Nothing’s gonna change my love for you, tema que pechou onte o programa de televisión na versión en xaponés que gravara o cantante (si, aparte de Nada cambiará mi amor por ti, tamén cantou o tema en máis linguas). De todos os xeitos, coido que é de xustiza dicir que o tema orixinal era de George Benson:

Volvendo ao programa, Itziar e David achegáronse ás instalacións centrais da Radio Galega, mentres que Carlota tivo que intervir dende Vigo. Unha mágoa que non puidesen coincidir os tres en persoa. Velaquí déixovos o corte de audio:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Como curiosidade, Itziar comentounos que David e Carlota foi a parella que máis rápido avanzou nesta primeira tempada de Amor Na Rede, o que non sorprende absolutamente nada despois de ver o programa desta semana. Esperemos que teñan unha longa relación e sexan moi felices.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS