Música electrónica + Boba Fett + Darth Vader = Darth Funk

A peña de Infectious Designer está a gañarse respecto de todo o frikerío global grazas ao vídeo musical The Funk Awakens (O Espertar do Funk) do grupo ficticio Darth...

Darth Funk

A peña de Infectious Designer está a gañarse respecto de todo o frikerío global grazas ao vídeo musical The Funk Awakens (O Espertar do Funk) do grupo ficticio Darth Punk, que é toda unha risa. Para min é xa o Kung Fury dos vídeos musicais (aínda que sen David Hasselhoff).

Despois disto coido que máis dun vai aparecer nas convencións frikis caracterizado de Boba Funk ou de Funk Vader, aínda que sexa só por levar calzado con iluminación LED (que intentaron pór de moda a finais dos 80 e remataron converténdose nunha horterada que só convence aos nenos pequenos).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS