Os videoxogos son cousa seria

Onte Silvia López Gómez pasou polos informativos de V Televisión para dar conta dos fenómenos dos serious games e da gamificación para deixar constancia de que os videoxogos poden...

Onte Silvia López Gómez pasou polos informativos de V Televisión para dar conta dos fenómenos dos serious games e da gamificación para deixar constancia de que os videoxogos poden ir moito máis aló do lecer. Como na web da canle televisiva puxeron o vídeo deformado e dábame repelús, comparto aquí unha copia corrixida por se alguén quere recuperar a entrevista.

Aínda queda moito por facer, pero dende Galicia hai profesionais do sector dos serious games, e dende Imaxin, compañía na que Silvia traballou máis de 7 anos, poden dar boa conta diso, con bastantes desenvolvementos neste ámbito. Pero non podemos esquecer que os xogos serios e as producións máis lúdicas son algo a ter moi en conta como industria e como actividade humana, polo que, como ben di Silvia, nunca deixeides de xogar.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS