Iron Man argardiano, cosplay do carallo

Cando imos a un evento friki e alí hai algún cosplay normalmente vemos traxes elaborados con distintos tipos de plástico ou goma, fibra de vidro, cartón… pero hai auténticos...

Partes da armadura asgardiana de Iron Man

Cando imos a un evento friki e alí hai algún cosplay normalmente vemos traxes elaborados con distintos tipos de plástico ou goma, fibra de vidro, cartón… pero hai auténticos mestres da materia que están a un nivel difícil de acadar, como Samuel Lee, de Prince Armory, que fai impresionantes pezas a medida utilizando como material principal o coiro.

Non estamos a falar dunha actividade de tempo libre, senón dun traballo moi profesional, que vai de traxes básicos de menos de 1.500 dólares até auténticas obras de coidada artesanía que superan os 8.000 dólares. Pouca broma! De feito, unha armadura completa ten un prezo mínimo de 2.500 dólares e por termo medio supera os 4.500 dólares, deixando claro que o material e o traballo hai que pagalos.

Paga a pena o traballo de Samuel Lee? Vendo os resultados eu diría que si. Velaquí algunhas das súas creacións:

Aínda que a que está a chamar máis a atención é a súa versión do Iron Man inspirándose en deseños asgardianos:

Incluso amosa en vídeo o detalle do casco:

Xa podedes recoller a mandíbula do chan. 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS