Os últimos xogos de Batman estaban ambientados no Nadal, pero tras numerosos retrasos finalmente Batman: Arkham Knight chega xusto antes do verán e, casualmente, como data de lanzamento puxeron o día 23 de febreiro, algo que a nivel internacional non lles dirá nada, pero en Galicia é unha data moi representativa, por ser véspera do San Xoán, día que incluso este ano é festivo, polo que curiosamente temos un dos lanzamentos dun videoxogo mellor situado no calendario dende hai moito tempo, xa que os que non teñan resaca poderán dedicar unha xornada sen traballar para dar os primeiros pasos na derradeira aventura da triloxía de Batman desenvolvida por Rocksteady Studios.
Dende a pasada unha da madrugada é posible xogar (cando menos á versión de PC), polo que non podo resistirme a propor que os xogadores que estean a gozar de Batman: Arkham Knight celebren o San Xoán no xogo, e tan pronto atopen unha fogueira nas rúas ou un coche en lapas, que salten porriba del berrando «cacharela de San Xoán, que non me morda nin serpe nin can». 😀
E se non sabedes o que deparará esta magnífica obra de arte dixital, velaquí o seu trailer de lanzamento:
NOTA: Supoño que non é preciso dicir que o do San Juan is back o poño con bastante mala idea. 😈
Debe estar conectado para enviar un comentario.