Un ano máis parece que ExpOtaku conseguiu ser mellor e máis grande, acadando unhas taxas de participación elevadísimas, especialmente na xornada do sábado (a xente comentoume que habería unhas nove mil persoas). Dado que os sábados non vou nunca a ExpOtaku limítome a comparar os domingos, e neste caso pareceume que había moita máis xente que o ano pasado, polo que entendo que o evento foi todo un éxito.
Publiquei unha chea de fotografías en Facebook da tarde do domingo, con numerosos cosplays bastante traballados.
Pero aínda que a xente cada vez se tome máis en serio o do cosplay, non faltaron situacións divertidas. Precisamente por iso quixen facer un pequeno vídeo:
E como peche de ExpOtaku, o torneo de Street Fighter IV tivo unha final amenizada por música en directo:
Toda unha pasada! Un broche de luxo para rematar tres xornadas alucinantes para os frikis de Coruña e dos moitos currunchos dende os que quixeron achegarse a EXPOCoruña.
Agora só queda agardar á HobbyCon para repetir a experiencia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.