O mal sangue de Taylor Swift

Hai poucas horas a cantante Taylor Swift estreou vídeo musical, e parece que desta volta quere orientar a súa carreira ao mundo do cine, pois parece estar a pedir...

Hai poucas horas a cantante Taylor Swift estreou vídeo musical, e parece que desta volta quere orientar a súa carreira ao mundo do cine, pois parece estar a pedir a berros que a fichen Quentin TArantino e Robert Rodríguez para as súas vindeiras producións.

Todo un detallazo ver as aparicións de Jessica Alba e Cindy Crawford, xunto con outras moitas famosas no vídeo (Karlie Kloss, Cara Delevingne, Selena Gomez, Ellen Pompeo, Martha Hunt, Serayah, Ellie Goulding, Hailee Steinfeld, Lena Dunham, Zendaya, Gigi Hadid, Lily Aldridge, Mariska Hargitay e Hayley Williams), o que dá a impresión de que, co orzamento deste videoclip, sería posible facer moitas das películas ás que renden homenaxe.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS