Recomendación comiqueira para o Día do Libro

Ante a celebración do Día do Libro, gustaríame recomendar a compra dunha obra de banda deseñada que está a piques de chegar ás tendas, El Infierno del Dibujante, unha...

El Infierno del Dibujante

Ante a celebración do Día do Libro, gustaríame recomendar a compra dunha obra de banda deseñada que está a piques de chegar ás tendas, El Infierno del Dibujante, unha obra de Kiko da Silva que en xuño do ano pasado gañou o IX Premio de Banda Deseñada Castelao, o que valeulle ao autor un premio de 6.500 euros e a publicación da obra por parte da Deputación da Coruña, pero como os da Deputación son máis lentos que feitos de encarga, O Inferno do Debuxante continúa a ser unha obra inédita, e chegará antes a súa edición en español da man de Dibbuks, que ten previsto o seu lanzamento para o vindeiro luns a un prezo de 16 euros.

Páxina de mostra de O Inferno do Debuxante

Páxina de mostra de O Inferno do Debuxante

El Infierno del Dibujante conta a historia dun debuxante de 72 anos que leva toda a vida dedicada a crear bandas deseñadas que nunca chegan a ser publicadas, pois cada vez que fai algo descubre que alguén se lle adiantou e publicou unha obra igual á súa. Ten así un grande reto vital: debuxar algo antes de que se lle adiante. Conseguirao? Haberá que descubrilo a través das 64 páxinas a toda cor coas que Kiko da Silva parece ter atinado bastante, pois o diario El País incluíu esta obra entre as 10 imprescindibles da pasada edición do Saló del Còmic de Barcelona.

En breve Kiko xirará pola xeografía galega para promocionar a súa obra, e espero poder achegarme a algunha das presentacións para coñecer algún detalle máis do que promete ser un dos mellores álbums do ano, do que espero que sexa posible conseguir a edición en galego algún día (pois teño serias dúbidas sobre a distribución que vai ter).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS