En Singapur teñen unha curiosa serie de televisión gravada en inglés (flipo!) titulada Spouse For House que tivo un episodio emblemático a semana pasada:
É a partires do minuto 8:16 onde empeza unha ridícula historia, acompañada por un ridículo vídeo musical que eu compararía co Smelly Cat de Friends, e que comeza a ter bastante éxito na Rede.
Diría que o vídeo musical non ten desperdicio, pero realmente é un desperdicio en si mesmo: 😀
O actor Chen Tian Wen podería chegar a ser coñecido internacionalmente por esta chorrada, que tras escoitala resulta difícil de quitar da cabeza porque é «Un… Un… Un… Un… Un… Un… Un… Un… Unbelievable».
Aínda que non podo deixar de pensar que unbelievable é unha marca persoal de Andrew Dice Clay (Ford Fairlane) e de EMF: 😉