As máquinas recreativas no cine

Ben Craw currouse un tremendísimo vídeo para The Huffington Post no que quixo render tributo ás máquinas recreativas que tanto marcaron a infancia de moitos a través das súas...

Ben Craw currouse un tremendísimo vídeo para The Huffington Post no que quixo render tributo ás máquinas recreativas que tanto marcaron a infancia de moitos a través das súas aparicións no cine:

Cantas máis películas e xogos recoñeces, máis gozas do vídeo, e a min gústanme as aparicións de Tron, Juegos de Guerra, Cazafantasmas, Gremlins, Karate Kid, Los Goonies, Todo en un día, The Wizard, Terminator 2, Robocop II, Double Dragon, Las Tortugas Ninja, Starfighter e, moi especialmente, Contacto Sangriento, por aquel mitiquísimo Karate Champ (que no Spectrum tiña como equivalente ao International Karate).

Moito fliparamos no seu día ao ver un xogo que en vez de manexarse cun stick e varios botóns, controlábase con dous sticks á vez, de xeito que a combinación de posicións dos mandos correspondía a distintos golpes. O sistema distaba moito de ser doado de controlar, pero ese era parte do reto daqueles xogos tan lembrados (e que envelleceron moi mal, xa que os títulos de loita avanzaron moito tecnicamente e en mecánicas de xogo, indo moito máis aló dos ataques inmediatos e gañando en profundidade).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS