O Batman da Galega adaptarase á alta definición

Confirmado! Finalmente a serie de televisión de Batman que puidemos ver nos primeiros tempos da TVG contará con versión para o mercado doméstico, comercializándose a partires do mes de...

Confirmado! Finalmente a serie de televisión de Batman que puidemos ver nos primeiros tempos da TVG contará con versión para o mercado doméstico, comercializándose a partires do mes de novembro nos EE.UU. en DVD, Blu-ray e descarga dixital en alta definición. A colección incluirá os 120 episodios e contidos adicionais, e a edición está remasterizada para que poida verse dun xeito aceptable nun televisor de alta definición (aínda que non podemos agardar milagres como que a serie deixe de estar en 4:3, pois non se gravou en cine como aconteceu con Friends).

Esperemos que cando algunha compañía se digne a traer a colección a España teña a cabeciña de incorporar a dobraxe en galego (se non, vai comprar a serie seu pai).

Os asistentes á Comic Con deste ano van flipar, pois grazas a este lanzamento a Warner convidou a participar no evento friki de San Diego a Adam West (Batman), Burt Ward (Robin) e Julie Newmar (a actriz que encarno máis veces a Catwoman na serie). Santos morcegos, Batman!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS