Orgullo y Satisfacción sae á venda

Tras o rebumbio que se montou nos últimos días tras a censura á que a editorial RBA someteu á revista El Jueves, varios dos autores que deixaron a publicación...

Logotipo de Orgullo y Satisfacción

Tras o rebumbio que se montou nos últimos días tras a censura á que a editorial RBA someteu á revista El Jueves, varios dos autores que deixaron a publicación por dignidade profesional emprenderon un novo proxecto da man de Caramba Comics, a través do que din adeus a Juan Carlos I e reciben a Filipe MIREI.

Corinna en Orgullo y SatisfacciónA nova publicación, Orgullo y Satisfacción, estreouse esta tarde en formato dixital, ou sexa, que non chegou a tempo aos quioscos, e por 1,50 euros permite descargar o primeiro exemplar en formato PDF e CBR, para que resulte doado de ler en distintos dispositivos, o que para min foi unha sorpresa bastante grande, xa que agardaba unha maquetación de revista tradicional e, pola contra, atopei un formato orientado á pantalla, con imaxes de 1.930 x 1.339 píxeles (proporción un chisco rara) agradables de ler nun tablet ou a pantalla completa diante do ordenador.

OyS_062Os contidos sae do lápis de autores como Ágreda, Monteys, Manel Fontdevila, Manuel Bartual, Mel e outros que conseguiron entregar 82 páxinas cun resultado máis que digno. Espero que iso provoque unhas boas vendas para que iniciativas deste tipo poidan resultar sustentables, aínda que sospeito que ao final o número de lectores vai ser moi superior ao de exemplares vendidos, como xa anticipan na propia revista dixital:

o Rei descargando Orgullo y Satisfacción do eMule

De todos os xeitos aproveito a publicación de Orgullo y Satisfacción para comentar que iso dos comics maquetados en horizontal non remata de convencerme pois, aínda que era un formato moi habitual nos comezos do xénero (froito da publicación das tiras na prensa), lin case sempre a banda deseñada en formato vertical, que parece unha composición máis atinada para que a acción transcorra a un ritmo máis áxil e evita que a mirada se perda (por algo a prensa divide os textos en columnas).

Batman '66 tamén está maquetado pensando nas pantallas na súa edición dixital

Batman ’66 tamén está maquetado pensando nas pantallas na súa edición dixital

Incluso admito estar bastante sorprendido polos comics publicados en dixital por DC Comics como Batman ’66 tamén optasen pola orientación horizontal, o que fai que as páxinas se consuman a demasiada velocidade. Supoño que son experimentos para comprobar cara onde van os tiros, de xeito que cando o papel remate de esmorecer as editoriais estean preparadas para enfrontar o futuro.

ACTUALIZACIÓN: Non caía en que hoxe tamén tocaba a segunda entrega do podcast De leria nas Metrópoles, curiosamente dedicado á censura en El Jueves:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS