Hoxe tivemos unha edición moi especial da LaconNetwork, pois aparte de ser a nº 50, tamén foi especialmente rural, por desenvolverse en La Casa de la Aldea no concello de Oza-Cesuras.
Ao chegar xa atopei a Josuke facendo das súas, e demostrando que os apeiros de labranza poden ter utilidades moi diversas. Non pasou ninguén do circo para fichalo. 😛
Xa no interior puidemos comprobar que, pese a estar en pleno rural, estabamos ante a sede duha emnpresa tecnolóxica que comercializa produtos de calidade, pois do que non houbo ningunha dúbida é de que o no xantar había alimentos galegos tan variados como bos (a bica de castaña era unha auténtica delicia, e os queixos tamén estaban caralludos), coa excepción dos melindres, que para o meu gusto estaban a anos luz dos que podemos tomar en Melide (para min o anís estraga os melindres).
No exterior tamén puidemos ver un carro que era tan vello que incluso conservaba a matrícula. Josuke tampouco puido evitar facer das súas co voluminoso artefacto:
En definitiva, que puidemos vivir unha LaconNetwork divertida, con algunhas caras novas, e que serviu para que dende o norte poidamos despedirnos do evento por varias edicións, xa que coa chegada do verán vai ter unha maior presenza na costa pontevedresa.
Debe estar conectado para enviar un comentario.