Cando entramos no recinto de EXPOCoruña, no medio dos expositores comerciais, sorpréndenos nun curruncho ¡unha mesa arcade! E que xogo tiña cando pasei eu por alí? O clásico arcade de Los Simpson! Que recordos! Todo un regalo de consolación pola ausencia da zona retro do encontro, que este ano cancelouse a última hora por un problema de organización alleo á xente da AUIC (que montarán exposicións en Hobby Con e RetroCoruña).
Resulta que a mesa era cousa da xente de Axóuxere Games, un estudio galego de videoxogos que ten xa un par de títulos para Xbox 360 e tres para dispositivos Android, nos que pode competirse durante ExpOtaku.
Outro estudio galego presente é DemonKoffee, responsables de Chanchan, que tamén animaban á xente a conseguir a máxima puntuación no seu xogo, e que optaron por dar a nota pasando o tempo programando como campións.
Xa na zona de videoxogos podiamos participar en torneos a cada hora, agradecéndose o detalle de que non deixasen de lado o Guitar Hero (en perigo de extinción). E tamén había bastantes consolas de uso libre. Ou sexa, que hai bastantes postos para botar un pique cos colegas a moitos clásicos dos últimos anos.
Debe estar conectado para enviar un comentario.