Sobredose de glicosa con Avril Lavigne

Vese que non só Miley Cyrus ten que liala para manterse en primeira liña, senón que Avril Lavigne tamén ten que provocar para promocionar o seu último disco, e...

Avril Lavigne

Vese que non só Miley Cyrus ten que liala para manterse en primeira liña, senón que Avril Lavigne tamén ten que provocar para promocionar o seu último disco, e parece que a algúns non lles fixo graza o xeito co que parodiou a cultura xaponesa no vídeo musical do tema Hello Kitty (comentan que o retiraron da canle oficial en YouTube da cantante, o que paréceme raro, pois segue na súa páxina web oficial):

Fujifilm Instant Mini 8Eu non acabo de ver a polémica, senón que vexo o vídeo de Lavigne como un xeito de facer burla dos vídeos musicais do J-pop (que xa son bastante ridículos por si mesmos), e o que si me fixo graza é que apareza no vídeo unha cámara Fujijilm Instant Mini 8 de cor rosa, non por ser un produto ridículo (que pode mercarse por 85 euros) ao imprimir fotografías de só 62 x 46 milímetros (as Polaroids máis cutres do mundo) senón polo feito de que si que existe un modelo Hello Kitty da cámara… ¡pero en cor branca!

ACTUALIZACIÓN (24-4-2014): Finalmente o vídeo apareceu na canle oficial de Avril Lavigne en YouTube.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS