Bodypainting na Praza de Pontevedra

Esta tarde achegueime á Praza de Pontevedra para ver a festa que se montara alí co gallo do Desafío Vodafone yu: co que, 50 clientes da tarifa para mozos...

posando con bodypainting

Esta tarde achegueime á Praza de Pontevedra para ver a festa que se montara alí co gallo do Desafío Vodafone yu: co que, 50 clientes da tarifa para mozos de Vodafone que se achegasen con pintura corporal en vez de roupa recibirían un Samsung GALAXY S4.

Algunhas mozas souberon agardar na cola ben abrigadiñas

Algunhas mozas souberon agardar na cola ben abrigadas

Era impresionante ver a tanta xente acampada tendo en conta as inclemencias meteorolóxicas dos últimos días, e aínda que pareza imposible, os que chegaron onte pola tarde-noite a facer cola xa desistiron ao momento ao ver que tiñan a máis de 50 persoas diante, pois houbo xente que chegou a pasar dúas noites na rúa.

Os globos de Vodafone yu: daban boa conta do vento que facía (2 saíron voando)

Os globos de Vodafone yu: daban boa conta do vento que facía (2 saíron voando)

A xente estaba abrigadiña, pois para o despelote pintureiro agardaban aos últimos minutos, que deberon de ser todo un suplicio, pois había momentos nos que había algo de vento, que de seguro que sentirían ata nos osos.

últimos toques

Gelete SuperStar

A xente que pasaba non pasaba de fotografar aos presentes, e en moitos casos en vez de usar un móbil, tiraban de tablet (WTF!)

A xente que pasaba non pasaba de fotografar aos presentes, e en moitos casos en vez de usar un móbil, tiraban de tablet (WTF!)

Unha vez que cheguei á tenda achegueime ao primeiro da cola, Gelete (quen realmente tiña o número 29, pero era colega dos que estaban diante de todo, ausentes nese momento) e pedinlle que falase un anaco co programa A Tarde da Radio Galega, con divertidas consecuencias:

Por se non pillastes o nome da marca de roupa de Gelete, é Miaú yourclothing, e teñen unha serie de deseños coas palabras F*CK e B/TCH.

modelos

Non podo deixar de comentar que por parte de Vodafone levaron a un cacharulo e a dúas raparigas co corpo pintado profesionalmente para que se puideran sacar fotos ghuapas no evento, pero houbo un asistente que demostrou que podían facerse as cousas moi ben por amor á arte (seica non levou teléfono):

bodypaiting moi realista

Cadeliños

Tamén resultoume moi curioso a grande afluencia de cadelos na Praza de Pontevedra. Daban un toque tenro ao evento.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...