Esta tarde achegueime á Praza de Pontevedra para ver a festa que se montara alí co gallo do Desafío Vodafone yu: co que, 50 clientes da tarifa para mozos de Vodafone que se achegasen con pintura corporal en vez de roupa recibirían un Samsung GALAXY S4.
Era impresionante ver a tanta xente acampada tendo en conta as inclemencias meteorolóxicas dos últimos días, e aínda que pareza imposible, os que chegaron onte pola tarde-noite a facer cola xa desistiron ao momento ao ver que tiñan a máis de 50 persoas diante, pois houbo xente que chegou a pasar dúas noites na rúa.
A xente estaba abrigadiña, pois para o despelote pintureiro agardaban aos últimos minutos, que deberon de ser todo un suplicio, pois había momentos nos que había algo de vento, que de seguro que sentirían ata nos osos.
Gelete SuperStar
Unha vez que cheguei á tenda achegueime ao primeiro da cola, Gelete (quen realmente tiña o número 29, pero era colega dos que estaban diante de todo, ausentes nese momento) e pedinlle que falase un anaco co programa A Tarde da Radio Galega, con divertidas consecuencias:
Por se non pillastes o nome da marca de roupa de Gelete, é Miaú yourclothing, e teñen unha serie de deseños coas palabras F*CK e B/TCH.
Non podo deixar de comentar que por parte de Vodafone levaron a un cacharulo e a dúas raparigas co corpo pintado profesionalmente para que se puideran sacar fotos ghuapas no evento, pero houbo un asistente que demostrou que podían facerse as cousas moi ben por amor á arte (seica non levou teléfono):
Cadeliños
Tamén resultoume moi curioso a grande afluencia de cadelos na Praza de Pontevedra. Daban un toque tenro ao evento.
Debe estar conectado para enviar un comentario.