Hoxe tivemos unha xornada movidiña na actualidade coruñesa, pois aparte das eleccións para a presidencia do Dépor, anunciouse que o Dolce Vita ía botar o peche o 31 de xaneiro. Non é unha grande sorpresa, pois só quedaban ocupados 9 dos seus 113 locais, e o único negocio importante en activo era o Media Markt, que xusto esta tarde anunciou que entre os días 22 e 25 de xaneiro ofertará as súas existencias cun 25% de desconto, que é unha das mellores ofertas que podemos atopar en electrónica de consumo por aplicarse a todos os produtos e por ser moito máis que os días sen IVE (aínda que a xente pense que é un 21% de desconto, realmente é o 17,36%).
É de esperar que durante a xornada de mañá os clientes acudan á tenda como a marabunta da película de Charlton Heston, arrasando con todo o que teña un prezo atractivo, para que logo queden os restos ata o sábado.
Debe estar conectado para enviar un comentario.