19 Novembro, 2013
Estou por mercar unhas zapatillas en Foot Locker só polos collóns que tiveron dende a compañía ao promocionarse cun vídeo no que amosan un mundo perfecto, no que Dennis Rodman mercase un billete de ida para ir visitar ao Norcoreano e Mike Tyson devolvese a Evander Holyfield o anaco de orella que lle arrincou hai anos dunha trabada.
Tamén hai que botarlle un bo par para vestir unhas zapatillas Nike de cor rosa…
Debe estar conectado para enviar un comentario.