Facer un repaso de grandes éxitos do metal poden resultar moi refrescante, ao permitir lembrar vellos tempos, e confirmar unha vez máis que hai décadas que deron moi boa música.
Algúns temas que podemos destacar son clásicos como o Run to the Hills de Iron Maiden (grupo que para algúns supoño que é unha marca de camisetas):
Logo está un dos mellores temas da historia do heavy metal como o Iron Man de Black Sabbath:
E logo temos temas máis modernos, como o One de Metallica, que van camiño de converterse tamén en clásicos:
Pero o mellor de todo é que agora, calquera dos temas anteriores podemos redescubrilos nunhas versións moi divertidas que amosou Jimmy Fallon no seu programa de televisión:
Eu polo menos quedei con gañas de escoitar o Painkiller de Judas Priest en plan bluegrass (coido que é o estilo folk americano que se escoita no vídeo).
Debe estar conectado para enviar un comentario.