Esta tarde no programa Banda Ancha da Radio Galega tivemos como convidado ao actor e humorista Carlos Blanco, para que nos contase a súa relación coa tecnoloxía, nunha intervención que resultoume bastante agradable:
Entre outras cousas comentamos que ten un espectáculo en DVD que comercializa directamente dende a súa páxina web, e que sei ben que entrega cunha divertida dedicatoria porque fíxenlle un pedido en xuño e admito que, aparte da fotografía asinada, sorprendeume pola velocidade na que o recibín, pois coido que o encarguei un luns pola mañá e recibino un mércores pola mañá. ¡Iso si que é ir a todo flispín!
Eu a Carlos Blanco téñoo visto actuar en directo en Melide, os vídeos que subín cos seus monólogos do programa Somos Unha Potenzia é do máis reproducido na miña canle de YouTube, lembro os tempos nos que soltaba o de a tutti churrasco en Galicia Sitio Distinto ou cando facía de Ladillao en Mareas Vivas… polo que é unha figura que teño moi presente, e que espero que me sorprenda pronto, non só coas súas posibles actuacións por streaming, senón tamén polo espectáculo que está a preparar con Luís Davila. ¡A cousa promete!
Debe estar conectado para enviar un comentario.