Tras as tres películas da serie X-Men, cunha decepcionante terceira parte, chegou X-Men Orígenes: Lobezno, un filme que decepcionou bastante por parecer feito ás presas a nivel visual e por contar unha historia dun xeito moi lixeiro, cometendo o grande erro de procurar ser outra entrega da Patrulla X ao meter dentro da cazola unha innecesaria masa de mutantes. Para volver ao pasado de Logan chegaba co que fixeran en X-Men 2, e esta última película parecía unha solución doada para continuar a chupar do teto dunha saga de éxito.
Pero tras o arrase da Marvel coas películas dos Vingadores e Iron Man, os mutantes querían volver á primeira liña, e para facelo quixeron comezar cun éxito seguro, unha nova entrega das aventuras de Lobezno, o personaxe estrela do Universo Marvel (é incrible a cantidade de coleccións de comics nas que aparece como personaxe convidado para mellorar as súas vendas), que consegue facilmente superar ao que pudiemos ver no último filme, achegando unha historia cun ritmo pausado, unhas escenas de acción espectaculares e unha ambientación super tópica na que recuperan sen profundizar unha das etapas da vida de Lobezno que máis xogo deu nos comics clásicos (servindo de xermolo á magnífica historia de Kitty Pryde e Lobezno no Xapón).

Os protagonistas de X-Men: Días del Futuro Pasado pasaron pola última edición da Comic-Con de San Diego
Debe estar conectado para enviar un comentario.