Xa está aquí. A dúas semanas da estrea da película de El Hombre de Acero, Nokia permítenos ver dende onte o trailer definitivo do filme, que parece deixar moi clariño o que imos atopar na pantalla grande: a orixe de Superman (que pouco terá que ver coa que vimos nas películas de Christopher Reeve), Superman converténdose en heroe da Terra e un enfrontamento do protagonista co seu legado kriptoniano.
A min o que máis me fastidia do tema é que a película estrearase unha semana antes nos EE.UU. (aínda que a fiestra é moito máis reducida que a de Star Trek: En La Oscuridad) polo que o risco de exporse a spoilers e ás críticas da película é moi alto, o que pode levarnos a ter prexuízos que preferiría evitar. Teño moitas esperanzas nesta produción, pois de converterse nun éxito será o trampolín que fará que o resto do Universo DC reciba un tratamento semellante ao que está a ter Marvel nos cines.
Debe estar conectado para enviar un comentario.