Polbo no Camiño o 17 de maio

Non son moi partidario de que o Día das Letras Galegas sexa festa en Galicia, non porque non haxa que enxalzar a nosa lingua, senón porque, ao non ser...

Non son moi partidario de que o Día das Letras Galegas sexa festa en Galicia, non porque non haxa que enxalzar a nosa lingua, senón porque, ao non ser laborable, convértese nun día no que ir de viaxe ou quedar na casa, en vez de converterse nunha celebración semellante á do San Jordi en Cataluña.

E precisamente para aproveitar o carácter festivo da xornada, dende o Concello de Melide decidiron celebrar unha nova festa gastronómica dedicada ao polbo, a poucos días da Festa do Melindre.

cartel da festa gastronómica Pulpo no Camiño

O programa de actividades da nova celebración é o que segue:

11:00-14:00 – ESCOLA INFANTIL DE MONTA EN PONIS GRATUITA PARA TODOS OS NEN@S. NA PISTA SITUADA XUNTO A CARPA.
12:30 – PRESENTACION OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E MEDICION DO RECORD MUNDIAL DO PRATO DE PULPO MAIS GRANDE DO MUNDO. PRESENTADO POR XACOBO PÉREZ (TVG).
13:30 – EXHIBICION CABALAR DE ANDADURA. NA PISTA SITUADA XUNTO A CARPA.
13:30 – PRESENTACIÓN DO BURRO “FERRARI” E RECOÑECEMENTO O SEU PROPIETARIO, FRANCISCO PORTO PARRADO, VECIÑO DE MELIDE.
13:00-17:00 – XANTAR (NA CARPA DA “FESTA DO PULPO DE MELIDE”).
16:30-18·30 – ESCOLA INFANTIL DE MONTA EN PONIS GRATUITA PARA TODOS OS NENOS E NENAS.
17:30 – EXHIBICION DE DOMA DE ALTA ESCOLA E DOMA EN LIBERDADE. EXECUTANDO OS SEGUINTES EXERCICIOS.
– PRESENTACION DO NUMERO DE DOMA DE ALTA ESCOLA “DRAGONS DE SANTIAGO”.
-TRABALLOS DE DOMA EN LIBERDADE E HABILIDADE EQUINA. CON MUSICA DA FADISTA PORTUGUESA, AMALIA RODRIGUEZ E UN POEMA SOBRE OS CABALOS GALEGOS.
– ESPECTACULO TRABALLOS EN REDEAS LONGAS DUNHA
SINFONÍA DE CORBETAS, ELEVADAS E CABRIOLAS COA MUSICA DE “RONDO ALLA TURCA” DE MOZART.
18:30 – ADESTRAMENTOS E QUENCEMENTO DOS BURROS EN COMPETICION.
18:45 – COMENZO DO “GRAN DERBY ASNAL”, RETORNO AS PISTAS DE CARREIRAS DO FAMOSO BURRO “FERRARI” CO SEU PROPIETARIO E AFAMADO XINETE LOCAL, FRANCISCO PORTO PARRADO.
19:30 – ENTREGA DE PREMIOS.
O LONGO DA XORNADA CELEBRARASE O 1Q CERTAME DE CHARANGAS CON:
TRALLA, Melide- OS AMIGOS, Visantoña- CHIRINGHOTA, Agolada – ARDORES, Muimenta – BB+, Santiago.

De converterse en realidade o prato de polbo máis grande do mundo supoño que o evento conseguirá unha boa cobertura mediática. ¿Chegará a eclipsar á Festa do Melindre? Supoño que poderá ser así neste primeira edición, aínda que eu quedo claramente coa presenza de María Mera antes que coa de Xacobo Pérez. [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS