ExpOtaku 2013 (III): os videoxogos

Se hai algo que non pode faltar en ExpOtaku, pese a non ser nin manga nin anime, e o mundo dos videoxogos, a través de exposicións, torneos e mesmo...

Se hai algo que non pode faltar en ExpOtaku, pese a non ser nin manga nin anime, e o mundo dos videoxogos, a través de exposicións, torneos e mesmo expositores con produtos relativos á súa cultura aínda que sexa dun xeito un tanto tanxencial. De feito, grazas á que a AUIC colabora con ExpOtaku, en anos anteriores podiamos ver a feira en EXPOCoruña como un anticipo do RetroCoruña de finais do verán.

Artesanía


E ao igual que en RetroCoruña, aquí puido verse numerosa artesanía, na que con Hama Beads, calceta e outras técnicas dáselle vida a criaturas que normalmente só vemos na pantalla da nosa consola (ou en series de televisión). Unha boa colección de curiosidades que destacan fronte aos produtos do resto de expositores por seren únicas. Non estamos así ante producións en serie, polo que moitas das cousas que podemos mercar son irrepetibles ou, cando menos, con moi poucas unidades semellantes, o que fai que teñan certo encanto.

Torneos


Os máis hardcore puideron participar en competicións de xogos de loita e shooters relativamente modernos, o que supoño que resultaba especialmente interesante para os que pasaran por alí os 3 días do encontro.

Videoxogos retro


Pero para min tiña máis importancia o xogo retro, pois estaban dispoñibles numerosas consolas clásicas coas que poder botar unha partida, comprobar en primeira persoa como eran as primeiras entregas dalgunha saga recoñecida e incluso moer a paus a un amigo nun xogo de loita dos que no seu día xogabas en salóns recreativos. Todo grazas a xente que soubo conservar en perfecto estado as súas consolas de videoxogos domésticas, o que é digno de admiración.

Pero un dos detalles relativos aos videoxogos do que gocei máis foi do feito de que no escenario central do evento, no que se recollían os premios e participaba en varios concursos, cantouse en plan karaoke o tema final do xogo Portal, Still Alive, que casualmente é a sintonía de peche do programa Banda Ancha da Radio Galega. ¡Flipante!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS