Poucas son as ocasións nas que podo ver unha , polo que cando acontece non está de máis destacar información como a que segue:
A Xunta destina 20.000 euros ao concello de Melide para o desenvolvemento de actuacións de mellora e conservación na súa paisaxe
A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, destinará 20.000 euros para a limpeza e restauración do camiño situado en Melide e Leboeiro, co obxecto de salvagardar o entorno natural. Así o trasladou hoxe o conselleiro Agustín Hernández, na reunión que mantivo coa alcaldesa de Melide, Mª Ángeles Vázquez.
O departamento dirixido por Agustín Hernández pretende coa concesión de esta axuda non só a recuperación do medio natural senón tamén o fomento da protección dos espazos galegos e a concienciación pola defensa e conservación da natureza e dos seus elementos.
Esta axuda se encontra dentro do orzamento de máis de 2 millóns que a Xunta de Galicia destinará a 121 concellos incluídos na Rede Natura.
Axudas da Rede Natura
As partidas que concederá o Goberno autonómico aos distintos concellos investiranse en tarefas de mellora da paisaxe, -entre as que se atopa a limpeza e restauración do camiño de Melide-, en manter as condicións ambientais e favorecer a recuperación de especies en zonas de Rede Natura 2000; e en recuperar ou restaurar elementos históricos patrimoniais, como hórreos, milladoiros, fontes cabanas ou valos.
A Rede Natura é, ademais dun instrumento de conservación do medio natural, un referente de sustentabilidade que brinda a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que unha xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, ao potenciar aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúen á mellora da calidade de vida e ao desenvolvemento do territorio galego.
Debe estar conectado para enviar un comentario.