Que María Mera fose a ser a pregoeira da Festa do Melindre foi unha grata sorpresa, á que houbo que sumar a aparición de Raquel Atanes no programa da festa como encargada de impor os títulos de embaixadores do Melindre de Melide, e aproveitando que ambas pasaron polos micrófonos nos programa Banda Ancha da Radio Galega, quero aquí reproducir as súas intervencións falando da súa relación co mundo da tecnoloxía.
A primeira en pasar polo programa de radio foi María Mera, coa que falamos o pasado 6 de abril:
E hoxe mesmo tivemos á presentadora do programa Tu Night de V Televisión (que visitou Melide o pasado mes de marzo e volverá esta mesma noite), á polifacética Raquel Atanes:
Sorprendeume que Raquel admitise ser segueira (pouca xente en España pon a Sonic por diante de Mario) e usuaria de Instagram (é algo moi habitual no famoseo estadounidense, pero esa tendencia non chegou a callar en España), e velaquí unha mostra do tipo de imaxes que publica:
Esperemos que a súa intervención de mañá na Festa do Melindre sexa todo un éxito (e que a Raquel non lle resulte moi complicado madrugar despois do palizón que vai meterse pola noite).
Debe estar conectado para enviar un comentario.