¡Saltade! ¡Saltade!

Esta mañá sorprende como Trending Topic mundial Kris Kross, aquela banda formada por dou rapaces rapeiros que cantabam aquelo de Jump, porque resulta que faleceu aos 34 anos un...

Esta mañá sorprende como Trending Topic mundial Kris Kross, aquela banda formada por dou rapaces rapeiros que cantabam aquelo de Jump, porque resulta que faleceu aos 34 anos un dos seus compoñentes, Chris Kelly, posiblemente de sobredose. Descanse en paz.

Novas deste tipo fannos lembrar a nosa infancia, e fenómenos como a popularización do rap e da súa cultura, á que Kris Kross contribuíu enormemente, especialmente entre os máis novos. Vestir roupa deportiva varios talles máis grande, e bailar con poses ridículas parecía guai, e aínda que hoxe poida volver a resultar ridículo, foi unha época da que saíron moitas cousas boas. Lembrémolas saltando. Jump! Jump! A-ha, a-ha! Jump! Jump!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Os capos da Galega saltan ao vacío

    O grupo coruñés Nortones estrea vídeo musical, Salto Al Vacío, da xente de Dreamovie, e que contou con moitas caras coñecidas: Un puntazo poder ver xuntos aos principais capos...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...
  • Os Teletubbies preguntan que che pica

    Robert Jones, un deses tolos que fai vídeos bastante entretidos para YouTube, como no que mestura escenas de películas dos anos 90 na que pode verse á xente bailand...
  • Alcolitos… eucaliptos…

    Por moito que o Despacito de Luis Fonsi superase os 280 millóns de reproducións a versión que fixeron os de Paramo Pictures do tema cagha mil veces pola canción...