Maridaxe de melindres e café en Melide

O Concello de Melide deu conta onte dunha interesante proposta de cara á Festa do Melindre, consistente en maridar os melindres con café: A maridaxe entre melindres e café...

O Concello de Melide deu conta onte dunha interesante proposta de cara á Festa do Melindre, consistente en maridar os melindres con café:

A maridaxe entre melindres e café será a protagonista da XXII Festa do Melindre de Melide que se celebrará o 12 de maio

O barista Óscar de Toro impartirá mañá na vila melidense unha master class de combinados de café na que participarán máis de 25 hostaleiros.

1366824662Presentacion_eventoA Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e o Concello de Melide presentaron hoxe en Santiago “MelindresRicos & Coffee Tour”, un evento antesala da XXII Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide. Ao acto asistiron o presidente da Cámara de Comercio de Santiago,Jesús Asorey; o concelleiro de Turismo de Melide, Santos López; o presidente da Asociación de Melindreiros Terra Doce, Alberto Rodríguez; e o barista profesional do café Venecia de Santiago, Óscar de Toro.

Jesús Asorey destacou a popularidade dos doces da Terra de Melide, que celebrará o 12 de maio a xornada de exaltación gastronómica dos seus produtos reposteiros. Pola súa parte, Santos López agradeceu o compromiso da Cámara de Comercio de Santiago co desenvolvemento económico e turístico de Melide.

“MelindresRicos & Coffee Tour” é unha maridaxe entre o café e os doces típicos da Terra de Melide: os melindres, ricos e amendoados. En primeiro lugar, o evento consistirá na celebración dunha master class mañá xoves, 25 de abril, no Salón Rexio do Concello de Melide. Esta acción formativa, impartida por Óscar de Toro, xorde co obxectivo de aumentar a calidade das cartas de combinados de café e exaltar a hostalería e respostería de Melide. Participarán entre 25 e 30 hostaleiros da vila.

O barista Óscar de Toro explicou que desenvolverá unha carta de combinados de café vistosos, con acabados de frozen coffee (café xeado) moi indicados para o verán, ou compostos de café con ou sen alcohol. “Esta maridanza ten como elemento base ao melindre, que terá de acompañante idóneo ao café” –indicou o barista–. Na xornada da Festa do Melindre, Óscar de Toro ofrecerá unha degustación de capuccinos.

Os alumnos participantes na master class poderán aplicar os coñecementos adquiridos nun concurso que se desenvolverá os días 4 e 5 de maio na ruta de combinados de café e melindres ou Coffee Tour, nos seus propios establecementos hostaleiros. O gañador do certame recibirá de premio o seu peso en quilos de café, ademais do galardón correspondente ao mellor combinado.

Finalmente, Alberto Rodríguez salientou a importancia do evento desde o punto de vista comercial, que servirá para “dinamizar os sectores da hostalería e respostería de Melide”. Lembrou tamén que na pasada edición organizouse unha maridaxe entre os melindres e o viño da Ribeira Sacra.

Esta iniciativa tamén captou a atención dos informativos locais da TVG:

Pero eu non logro quitar da cabeza a imaxe de que, ao convidar ao meu irmán a maridar melindres con café, faga a cafrada de costume: mollar os melindres no café para dar a nota. Aínda que se quixera dar o cante máis sempre podería pedir o café con sacarina antes. [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS