23 Abril, 2013
Esta tarde, rematando a miña intervención semanal no programa A Tarde da Radio Galega, levei unha agradable sorpresa ao ver que entraban pola porta Marcos Pereiro e Federico Pérez, os Kevin José e Moncho de Era Visto, que fixéronnos pasar un bo momento na radio.
Esta tropa galardoada hai pouco cun Premio Mestre Mateo compartiu coa audiencia algunha anécdota do programa, para o que contaron coa participación telefónica de Carlos Ares. Uns minutiños de radio que non está de máis compartir neste espazo, para os que non puideron gozalo en directo. Tamén podedes escoitar o programa na páxina web da Radio Galega.
Debe estar conectado para enviar un comentario.