A evolución da música cantada a capella

Na canle oficial de Pentatonix en YouTube podemos atopar dende hai 3 días unha magnífica interpretación a capella dun temazo no que, tras unha introdución clásica, dan un repaso...

Na canle oficial de Pentatonix en YouTube podemos atopar dende hai 3 días unha magnífica interpretación a capella dun temazo no que, tras unha introdución clásica, dan un repaso de máis dun século de música, encadeando de xeito maxistral cancións como Danny Boy, La Bamba, Respect, ABC, Can’t Touch This, Hey Ya!, Crazy ou Some Nights.

Moi recomendable a escoita deste e de moitos outros temas de Pentatonix, formación que conseguiu certa sona nos EE.UU. tras gañar na terceira tempada do programa da NBC Ths Sing-Off, aínda que cando eran só un trío xa conseguiran certo impacto en YouTube tras versionar o Telephone de Lady Gaga nun concerto.

Actualmente a súa canle en YouTube supera os 67 millóns de reproducións, onde arrasaron as súas versións do Somebody That I Used To Know, We Are Young e Gangnam Style, entre outras. Sospeito que o seu novo Evolution of Music conseguirá superalas.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS