PSY volve como todo un cabaleiro

Nos últimos meses parece que PSY estaba a fartar do Gangnam Style, pois fixo tantas versións do seu tema e bailou tantas veces a súa coreografía que sospeito que...

Nos últimos meses parece que PSY estaba a fartar do Gangnam Style, pois fixo tantas versións do seu tema e bailou tantas veces a súa coreografía que sospeito que incluso a executa durmindo, pero dar un novo paso na súa carreira non será doado, pois ter un éxito de proporcións globais pesa moito. Pese a todo, parece que soubo avanzar, e a pasada fin de semana estreou un novo sinxelo, Gentleman, xunto cun vídeo musical no que repetiu o estilo das súas coreografías e engadiu unha serie de detalles bastante graciosos nos que podemos ver ao artista surcoreano facendo bromas moi malas a mulleres. Si, todo un cabaleiro, que opta polo humor do bo para chegar á xente.
Con caídas e peidos, a cousa non pode fallar. ¡Humor universal! [icon icon=”0039.png”][/icon]

Candy Crush SagaPor non falar, non falta nin product placement, concretamente do xogo para móbiles Candy Crush Saga, que podedes descargar de balde para iPhone e iPad e Android, aínda que cómpre avisar de que ten compras dentro da aplicación. Vaia, que se Gentleman non vende moito en iTunes, igual compénsano con comisión dese xogo.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS