¡Vanesiña gusta dos melindres de Melide!

A actriz e presentadora de televisión María Mera converteuse nos últimos anos en todo un referente da TVG, especialmente polo seu papel como Vanesa Viaño na serie de Matalobos,...

A actriz e presentadora de televisión María Mera converteuse nos últimos anos en todo un referente da TVG, especialmente polo seu papel como Vanesa Viaño na serie de Matalobos, aínda que tampouco foi cativa a súa participación á fronte do programa Un Mundo de Nenos. Tamén apareceu na primeira edición do programa O Clan dos Impostores, facía de reporteira en Acompáñenos  e tivo moitas pequenas intervencións en distintas series de televisión e películas, o que soubo compaxinar tamén con intervencións no teatro.

¿E por que estou a repasar a figura de María Mera? Pois porque o 12 de maio imos tela en Melide de pregoeira da XXII edición da Festa do Melindre, evento no que será investida como Embaixadora do Melindre.

María Mera posando con Santos López, concelleiro de promoción económica de Melide

A fermosa actriz tamén emprestou a súa imaxe a múltiples campañas publicitarias e eventos, e como mostra do ben que sabe captala a cámara, velaquí algunhas fotografías:

Podemos lembrar o seu papel como Vanesiña en Matalobos no seguinte vídeo:

En Un Mundo de Nenos tampouco o facía nada mal:

En menos dun par de meses poderemos comprobar se é tan doce como os melindres. [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS